Ir o contido principal

O doutor Manuel Lorenzo Abella doa á Facultade de Medicina a súa biblioteca e mobiliario profesional

O doutor Manuel Lorenzo Abella entrégalle á Facultade de Medicina e Odontoloxía compostelá a súa biblioteca médica, mobles de despacho e obras de arte da súa propiedade, todo de gran interese cultural e histórico. A doazón formalizarase este xoves 18 ás 11.00 horas nun acto no decanato da facultade no que participarán o propio Manuel Lorenzo, o reitor Juan Casares e o decano de Medicina, Juan Gestal.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.07.2013.