Ir o contido principal

Entregados os premios da VIII Olimpíada Filosófica de Galicia

Foto de familia dos premiados
Foto de familia dos premiados
Baixo a temática ‘Liberdade ou seguridade’, a USC acolleu a entrega de galardóns nas modalidades de fotografía, vídeo e banda deseñada
Santiago de Compostela

A Facultade de Filosofía da USC foi este venres o escenario da entrega dos galardóns correspondentes á VIII Olimpíada Filosófica de Galicia nas modalidades correspondentes a fotografía, vídeo e banda deseñada que, este ano, desenvolvéronse en torno á temática ‘Liberdade ou seguridade’.

Na modalidade de vídeo foron recoñecidos os traballos de Icía Dominguez do IES Salvaterra de Miño (primeiro posto); Alba García, Sandra Novo, Mario Rial, Ana Rodríguez e María Vázquez do IES Arzúa (segundo posto); Daniel Neira do Colexio Peleteiro (terceiro posto); Lara Vázquez do IES 12 de Outubro (cuarto posto); e Sandra Lires do IES Arzúa (quinto posto).

Na categoría de fotografía, recoñecéronse os traballos de Daniel Neira Gestal do Colexio Peleteiro (primeiro posto), Sarai Estévez Lamas do IES Salvaterra de Miño (segundo posto), Pablo Granja Lamelas do Colexio Peleteiro (terceiro posto), e Leticia Valije do IES Salvaterra de Miño (cuarto posto).

Finalmente, en banda deseñada, os alumnos e alumnas premiadas foron Nerea González do IES Allaríz (primeiro posto), Laura Pérez do IES Salvaterra de Miño (segundo posto), Mariña Dafonte do IES Sanxillao (terceiro posto) e Leticia Castro do IES Salvaterra de Miño (cuarto posto).

As persoas galardoadas co primeiro premio recibiron 300 euros; o segundo premio foi recoñecido con 250 euros; e as persoas que obtiveron un terceiro ou cuarto premio recibiron agasallo conmemorativo e diploma de acreditación. As persoas gañadoras da Olimpíada Filosófica de Galicia que irán á Olimpíada Estatal serán as que acadaron os primeiros postos, sendo posible que acudan tamén as que ficaron en segundo lugar, dependendo do número de centros que se presenten na comunidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.04.2021.