Ir o contido principal

Especialistas internacionais estudan na USC como facer máis sustentables os procesos industriais

Especialistas internacionais estudan na USC como facer máis sustentables os procesos industriais
Especialistas internacionais estudan na USC como facer máis sustentables os procesos industriais

Máis de cen investigadores chegados de diversas partes do mundo discuten este martes e o mércores 15 nun congreso científico as novidades na procura de biocatalizadores que complementen ou substitúan os procesos industriais máis convencionais na procura dunha maior sustentabilidade. A inauguración do evento tivo lugar este martes na Escola Técnica Superior de Enxeñaría nun acto presidido polo reitor da USC, Juan Casares Long, e no que ademais participaron Ángel Martínez, do CIB-CSIC de Madrid, e a profesora María Teresa Moreira, do Departamento de Enxeñaría Química da USC. Múltiples sectores implicados A aplicación deses biocatalizadores abrangue diferentes sectores como a madeira e pasta de papel, a fabricación de tecidos textís ou o deseño de novos fármacos. Desde xeito, os relatorios abordan o seu deseño e aplicación dende o punto de vista da bioloxía molecular, a enzimoloxía, a enxeñaría bioquímica, a enxeñaría química e a enxeñaría ambiental. No Workshop ‘Oxidative Enzymes as sustainable industrial biocatalyst – OESIB2010’ participa persoal científico de Alemaña, Austria, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Holanda, Irlanda, Italia, Portugal, Suecia, UK, Chile, Colombia, Brasil, EE.UU., Mexico e Rusia. O congreso está organizado polos profesores do Departamento de Enxeñaría Química Gumersindo Feijoo Costa e Maria Teresa Moreira Vilar.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.09.2010.