Ir o contido principal

A ETSE premia a excelencia docente e investigadora no día da súa festividade

De esquerda a dereita, Paula López, David Losada, Gumersindo Feijoo, Julia González, Óscar Rodríguez e Luz Castro. FOTO: Santi Alvite
De esquerda a dereita, Paula López, David Losada, Gumersindo Feijoo, Julia González, Óscar Rodríguez e Luz Castro. FOTO: Santi Alvite
O acto presidido polo vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo, serviu tamén para recoñecer os mellores expedientes, traballos fin de grao e fin de mestrado
Santiago de Compostela

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) conmemorou o día da súa festividade cun acto institucional presidido polo vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo, que serviu para facer entrega de múltiples galardóns en recoñecemento dos mellores expedientes, premios fin de carreira, traballos fin de grao (TFG) e fin de mestrado (TFM), así como a excelencia docente e investigadora.

Ademais de Gumersindo Feijoo, participaron no acto Julia González Álvarez, directora da ETSE; o subdirector David Losada e Óscar Rodríguez Figueiras, secretario do centro e encargado de dar lectura á Memoria de Actividades da Escola no curso 2021-22. A sesión tamén contou coa participación de Luz Castro Pena, co-fundadora e membro do equipo directivo de imaxin|software, quen pronunciou o relatorio ‘Alterxogos para o videomundo’. Ademais, Paula López Martínez, directora adxunta do CITIUS, presentou o Premio Ángela Ruiz Robles á Excelencia Docente e Investigadora.

Alumnado premiado

O acto serviu de escenario para facer entrega de diversos galardóns. Así, malia que non todos puideron asistir ao acto, foron distinguidos cos premios extraordinarios fin de carreira, tanto en grao como en mestrado 21/22, José Luis Ares Saínz, Uxía Mata Rivas, Pablo Monteagudo Lago, Manuel Bendaña Gómez, Sofía Gunturíz Paradela, Adrián Agraso Otero, Jesús Gómez Álvarez, Álvaro Goldar Dieste e Irene Mª Pintos Castro. Na categoría de premios aos mellores expedientes de grao e mestrado, foron distinguidos José Luis Ares Saínz, Uxía Mata Rivas, Guillermo Martínez Loureiro, Pablo Monteagudo Lago, Manuel Bendaña Gómez, Alejandro González Santos, Sofía Gunturíz Paradela, Adrián Agraso Otero, Jesús Gómez Álvarez, Álvaro Goldar Dieste e  Irene Mª Pintos Castro.

As persoas autoras recoñecidas na categoría dos mellores TFG foron Uxía Mata Rivas, Helena Feijoo Moreira, Guillermo Martínez Loureiro, Pablo Monteagudo Lago, Miguel Torres Estévez e Adrián Ocampo Novas. No relativo aos TFM, distinguiuse a Lucas Gastón Storto Leiva, Javiera Francisca Gutiérrez Espinoza, Brais Rodríguez Suárez, Álvaro Goldar Dieste e Irene Mª Pintos Castro.

Finalmente, os traballos recoñecidos no apartado de calidade lingüística foron ‘Análise de técnica de aprendizaxe automática con secuencias xenéticas de microbiama humano para diagnóstico clínico’ de Nuria González Fernández; e ‘Recuperación de ácidos graxos de pasta de refino de aceite de xirasol mediante desdobramento’ de Ricardo Pazos do Muiño.

Profesorado recoñecido

Os premios Leonardo recoñecen cada ano a actividade docente do profesorado que imparte clase na ETSE. Nesta edición, o Día da Escola de Enxeñaría premiou a Ana Mª Soto Campos, Francisco José Pena Brage, Dora Blanco Heras, Diego Bolón Rodríguez, Gumersindo Feijoo Costa, Xosé Lois Otero Pérez, Sarah Fiol López, Héctor Rodríguez Martínez, Mª Dolores Gómez Pedreira, Cristina Díaz Jullien, Manuel Felipe Mucientes Molina, Paulo Félix Lamas e José Ramón Ríos Viqueira.

Ademais, pola súa produción científica ao longo do ano 2020, recolleron os Leonardo de investigación Gumersindo Feijoo Costa, Mª Teresa Moreira Vilar, Anuska Mosquera Corral, Joaquín Ángel Triñanes Fernández, Anselmo Tomás Fernández Pena e Juan Carlos Pichel Campos.

Pola súa parte, os premios Ángela Ruíz Robles á excelencia docente recoñeceron o traballo de Ana Mª Soto Campos, Gumersindo Feijoo Costa e Manuel Felipe Mucientes Molina. No capítulo de investigación recolleu premio a profesora Mª Teresa Moreira Vilar.

Outros galardóns

Ainhoa Vivel Couso polo seu traballo ‘AgeX: Explicación automática en lenguaje natural del cálculo de la edad dental’ foi premiada co galardón ALTIA ao mellor TGrEI 2021/2022. Os Genesal Energy aos mellores TFG e TFM sobre transición enerxética 2021/2022 foron parar a Milena Zacarías por ‘Deseño dun Plan de sostibilidade para a cervexeira La Salve’, Lorenzo Mateo Campos por ‘Alternativas estratéxicas para a implementación dunha rede de calor con biomasa no campus sur’, María Ana Ortega Sarceda por ‘Optimización de la Eficiencia de una Planta de Potencia Solar con Ciclo Rankine Orgánico’ e Guillermo Martínez Loureiro e Uxía Mata Rivas por ‘Deseño dunha planta de produción de amoníaco verde a microescala’.

‘Análisis de infiltraciones de aguas limpias en la red de saneamiento de Monforte de Lemos por sensores de conductividad’ de Lucas Gastón Storto Leiva recibiu o PREMIO ViAQUA TFM Máster Enx. Ambiental 2021/2022; mentres que ‘Aproximación á detección de anomalías en sensores industriais en tempo real usando técnicas de analítica avanzada’ de Marco Baleato Domínguez foi Premio BIG DATA 2021/2022.

Público asistente ao acto. FOTO: Santi Alvite
Público asistente ao acto. FOTO: Santi Alvite
Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2023.