Ir o contido principal

A Facultade de Dereito abrirá un debate arredor dos aspectos civís e penais da cooperación policial e xudicial internacional

A Facultade de Dereito abrirá un debate arredor dos aspectos civís e penais da cooperación policial e xudicial internacional
A Facultade de Dereito abrirá un debate arredor dos aspectos civís e penais da cooperación policial e xudicial internacional
UNIVERSIDADE DE VERÁN 2012. Cooperación policial e xudicial internacional: aspectos civís e penais

Expertos e investigadores procedentes de universidades de toda España así como representantes de corpos de seguridade e da administración de xustiza reuniranse entre o 17 e o 20 de xullo na Facultade de Dereito da USC para reflexionar sobre os aspectos civís e penais da cooperación policial e xudicial internacional. Estas cuestións abordaranse nun curso de verán que dirixe a profesora Raquel Castillejo cunha carga lectiva de 30 horas e que forma parte das actividades do grupo de investigación Iustitia Omnibus.

Presente e futuro da harmonización do dereito penal material na UE, o espazo común de xustiza europeo, instrumentos orgánicos de cooperación xudicial, equipos conxuntos de investigación penal, dereitos humanos e terrorismo na UE, cooperación policial no ámbito comunitario e máis alá de Europa ou novos horizontes na cooperación xudicial internacional na UE son algúns dos temas aos que se prestará atención nas xornadaS deseñadas.

O alumnado que se matricule poderá validar a súa participación no curso por dous créditos de libres configuración, se se atopan matriculado en licenciaturas en diplomaturas, e por un crédito para os de graos. As persoas interesadas dispoñen da información do programa e do proceso de matrícula na web da Universidade de Verán 2012 (http://www.usc.es/cultura/uverano06_12.htm).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.06.2012.