Ir o contido principal

A Facultade de Dereito conmemora o seu patrono, San Raimundo de Peñafort

O reitor, Juan Casares, preside o acto académico en honra ao patrón dos xuristas

Os avogados conmemoran este venres 21 a festividade de San Raimundo de Peñafort. O acto académico en honra ao patrón dos xuristas, que ten lugar na Facultade de Dereito, estará presidido polo reitor da USC, Juan Casares Long. Así mesmo, participan na conmemoración os decanos das facultades de Dereito de Santiago e da Coruña e a vicedecana e secretaria dos campus de Ourense e Vigo, respectivamente. O programa, que empezará as 12:00 horas, abrirase coa lectura da memoria da facultade correspondente ao curso 2009-2010. A continuación procederase á entrega da insignia do centro á profesora Amelia Paz González con motivo dos seus 25 anos de servizo e a entrega de diplomas aos alumnos que remataron os seus estudos o pasado curso. Pecharan o acto, o decano da Facultade de Dereito, Luís Míguez, e o reitor. Colexio de avogados Pola tarde, Juan Casares asistirá á celebración da festividade de San Raimundo de Peñafort por parte do Colexio de Avogados de Santiago. O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acolle, a partir das 19:00 horas, os actos de celebración, no transcurso dos cales se fará entrega da medalla de ouro do colexio ao catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e ex reitor da USC, Senén Barro. O avogado José López Graña, a Cociña Económica de Santiago e os inspectores xefes da comisaría santiaguesa que se xubilan a comezos de 2011 recibirán tamén o recoñecemento do Colexio de Avogados. O acto conclúe coa xura de novos letrados e letradas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.01.2011.