Ir o contido principal

Fernando Julio Ponte Hernando, novo académico numerario da Real Academia de Medicina de Galicia

O profesor da USC pasará a ocupar a cadeira de ‘Historia da Medicina’ logo dun acto institucional que se desenvolverá o vindeiro 23 de setembro
Santiago de Compostela

O profesor de Historia da Medicina e da Ciencia, Fernando Julio Ponte Hernando, converterase en académico numerario da Real Academia de Medicina de Galicia o vindeiro 23 de setembro. No transcurso do acto, o profesor da USC pronunciará o discurso ‘Pensamento médico e humanístico de Domingo García Sabell’.

Ponte Hernando pasará a ocupar a cadeira de ‘Historia da Medicina’. No transcurso do acto, recibirá a contestación de Jorge Teijeiro Vidal, académico numerario que ocupa a cadeira de ‘Radioloxía’. A imposición da medalla corporativa correrá a cargo de Francisco Martelo Villar, presidente da Academia. O acto desenvolverase na sede da institución en A Coruña.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.09.2022.