Filosofía acolle o oitavo Seminario Obradoiro de Historia Moderna
O oitavo Seminario Obradoiro de Historia Moderna celebrarase os días 22 no Salón de Actos da Facultade de Filosofía co lema ‘Tempo, clima e desastres naturais (séculos XV-XIX): perspectivas históricas’, organizado polo grupo de Historia Moderna e coordinador por Camilo Fernández Cortizo.
Entre o abano de temas incorporados no programa, atópanse intervencións sobre a relación entre clima, tempo e crise de mortalidade en Italia entre os anos 1300 e 1800, a erupción de 1600 do volcán Huaynaputina (Perú), a climatoloxía histórica en Catalunya, a produción e difusión na Idade Media ou a relación entre clima e produción agrícola no Mínimo Maunder en Galicia, entre outros temas.