Ir o contido principal

Filosofía acolle un programa de curtas e videodocumentais experimentais sobre Oriente Medio incluído no Festival AMAL

A inauguración desta actividade paralela ao certame de cine árabe será o martes 23 ás 20:00 horas

A Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago colabora coa Fundación Araguaney no festival de cine euro-árabe Amal, cun programa especial paralelo no que se proxectarán curtas e videodocumentais experimentais sobre Oriente Medio. ‘From the middle East with love’ desenvolverase entre os días 23 e 26 de outubro no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos, s/n).
O programa inaugúrase este martes, día 23, ás 20:00 horas, coa presentación a cargo do vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández, e do comisario de Amal, Ghaleb Jaber. A continuación, o comisario deste ciclo paralelo, Khaled D. Ramadán, pronunciará a conferencia ‘A videocreación independente no Oriente Medio’, para dar paso á proxección das curtas ‘Plantet of the arabs’, de Jacki Salloum, e ‘We will win’, de Mahmoud Hojeij.
O ciclo continúa toda a semana coa proxección, ás 18:00 horas, de diversas pezas audiovisuais de carácter documental e experimental. Así, o mércores proxectaranse os traballos ‘We will win’; ‘July trip’, de Waël Nourreddine; ‘Revolution’, de Khaled Hafez; ‘Objects’, de Valsalan Kanara; ‘The Other Orange’, de Hassan Choubassi; e ‘Not from here’, de Mireille Astore.
O xoves 25 será a quenda de ‘Happy Days’ e ‘Mloukhieh/Soup over Bethelen’, de Larissa Sansour; ‘The beautiful land’, de Kaya Behkalam; ‘Islamic Star’, de Shahram Entekhabi; ‘Always look them in the eyes’ de Azza El-Hassam; e ‘Iftar’, de Ayman Ramadan.
Por último, o venres proxectarase ‘Istanbul, Why?’, de Rene Gabri; ‘Good Morning at Night’, de Naoko Takahashi; ‘Lubnan/Harb (Lebanon/War)’, de Rania Stephan; ‘Vissions of a contaminated memory’, de Khaled Hafez; ‘June, 2006’, de Mohanad Yaqubi; e ‘Starry night’, de Mazen Kerbaj.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.10.2007.