Ir o contido principal

Historia, xeografía e cultura na comarca do Salnés, a análise nun curso da Universidade de Verán da USC en Vilanova de Arousa

Cartaz da Universidade de Verán 2016
Cartaz da Universidade de Verán 2016

‘Arte, historia, xeografía e cultura na comarca do Salnés: comercio, intercambios e relacións exteriores’& amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; lt; /a>, é o título do curso incluído na Universidade de Verán 2016 da USC e que se desenvolverá do 11 ao14 de xullo no Pazo de Vista Real, en Vilanova de Arousa.

Estruturado en 31 horas lectivas e aberto á participación de todo o público interesado, este programa de formación e divulgación dirixido polas profesoras do Departamento de Historia da Arte da USC María Dolores Barral Rivadulla e Marta Cendón Fenrández, está estruturado en catro xornadas, nas que os distintos relatores conviadores abordarán temáticas diferenciadas pero conectadas pola súa incidencia na comarca do Salnés. A sociedade medieval e os ataques vikingos a Galicia a través da ría de Arousa serán os temas que tratarán Augusto Guedes de Castro, director da revista Románico, e Rubén A. Terrés Lameiro na xornada de apertura dun foro, que continuará en quenda de tarde cunha visita a distintos elementos patrimoniais da comarca. O decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC, Juan Manuel Monterroso Montero, abrirá a quenda de relatorios o 12 de xullo, unha xornada durante a que Begoña Fernández Rodríguez e Mónica Rey Cabezudo ofrecerán cadansúa charla sobre a riqueza patrimonial froito dos intercambios e sobre os perfumes e a liturxia na Galicia hispanovisigoda. A xornada rematará cunha visita á Fundación Manolo Paz. ‘Dos talleres de Nottingham a Vilanova de Arousa: o alabastro da Trinidade de Cálago’ é o título da intervención coa que a investigadora da USC Alicia Padín Buceta abrirá a quenda de relatorios o 13 de xullo, cando tamén está programada a intervención da investigadora independente Iria Blanco Brey. A xornada rematará cunha visita ao Pazo de Fefiñáns. Este curso da Universidade de Verán da USC chegará ao seu remate o 14 de xullo cunha xornada na que están previstas tres relatorios sobre arte e cultura chegados de Filipinas e América, ocupación humana e erosión do patrimonio cultural, e promoción e devoción de San Francisco de Cambados. As persoas interesadas en obter máis información respecto do programa deste seminario formativo, que non conta con límite de prazas, poden facelo a través da web da Universidade de Verán 2016 da USC, onde tamén se é posible formalizar a inscrición neste curso, para o que está aberta a matrícula.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.06.2016.