Inauguración da mostra fotográfica ‘De berros e olladas’
Trata de expresar de xeito visual a repulsa contra a violencia de xénero
A vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva, inaugurará o vindeiro luns 17 na Facultade de Medicina e Odontoloxía a exposición ‘De berros e olladas’ unha mostra de distintos estilos fotográficos que trata de expresar de xeito visual a repulsa contra a violencia de xénero. No acto de apertura, previsto para as 19.30 horas tamén estará presente o decano da Facultade Juan Gestal. Marga Piñeiro Díaz, Enrique González Pérez, Isidro Cea e Andrea Fernández Maneiro son os tres fotógrafos e a escritora que conxugan os seus diferentes puntos de vista para dar forma a unha mesma idea, o ‘non’ rotundo ao abuso psicolóxico e físico.