Ir o contido principal

A influencia da camelia no turismo e no sector viveirístico ornamental, novo curso de verán

A influencia da camelia no turismo e no sector viveirístico ornamental, novo curso de verán
A influencia da camelia no turismo e no sector viveirístico ornamental, novo curso de verán

Baixo o título ‘ A camelia: influencia no desenvolvemento do sector viveirístico ornamental e o turismo en Galicia’ os días 6 e 7 de setembro terá lugar na Facultade de Bioloxía o curso de verán da USC que dirixen as profesoras María Jesús Sainz Osés e Carmen Salinero Corral. A historia da camelia, os usos das súas especies, as enfermidades e pragas que sofre, as rutas polos xardíns galegos, o seu papel como marca turística de Galicia ou o comercio desa especie son algúns dos temas a tratar no seminario, que tamén contempla un taller sobre propagación do xénero Camellia e unha visita aos xardíns do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra, A Coruña). O curso impartirano docentes da Facultade compostelá de Bioloxía ademais de especialistas da Estación Fitopatolóxica do Areeiro (Pontevedra), coleccionistas e propietarios de viveiros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.07.2012.