Ir o contido principal

A investigación criminal, a estudo nun curso do Instituto de Criminoloxía

A investigación criminal, a estudo nun curso do Instituto de Criminoloxía
A investigación criminal, a estudo nun curso do Instituto de Criminoloxía
Será os días 26 e 27 de xullo e trataranse cuestións relacionadas coa medicina legal e a investigación policial e xudicial

O Instituto de Criminoloxía da Universidade de Santiago de Compostela organiza para os días 26 e 27 de xullo na Facultade de Dereito o curso ‘ Testemuñas que nunca menten: métodos e técnicas de investigación criminal en España’. Dirixido por Fernando Vázquez-Portomomeñe e Gumersindo Guinarte, o curso validarase por un crédito de libre configuración. A primeira xornada estará dedicada a diversas cuestións do ámbito da medicina legal, entre outras, técnicas de identificación de persoas en casos de torturas, autopsias, sistemas para a implantación de controis de drogas no tráfico o a orixe xeográfica dun perfil xenético e a súa importancia na investigación criminal. Nesta primeira sesión participarán como relatores destacados catedráticos e docentes de Medicina Legal, Toxicoloxía e Xenética forense de España e Portugal ademais do director do Instituto Nacional de Medicina Legal e Ciencias Forenses de Portugal, o director do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) e a subdirectora xeral de Tráfico. Na sesión do día 27 examinaranse aspectos da investigación policial e xudicial en materia criminal, de maneira que se profundará na inspección ocular na escena de crimes violentos, na investigación do crime organizado e do narcotráfico, na investigación policial de delitos cometidos por medios tecnolóxicos (pornografía infantil, por exemplo) e na importancia dos laboratorios de investigación criminal. Intervirán profesionais dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado con experiencia en labores de investigación criminal e policía xudicial, así como o maxistrado Vázquez Taín, o xefe da Sección de Operacións da Garda Civil en Galicia e ox efe Superior de Policía de Galicia. O curso está aberto a alumnos universitarios, profesionais e público en xeral, previa inscrición no Instituto de Criminoloxía da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.07.2012.