A licenciatura en Odontoloxía celebra este sábado o seu acto de graduación
O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, preside este sábado 9, ás 13.15 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto de licenciatura de Odontoloxía. Na cerimonia intervirán o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Juan Jesús Gestal Otero; o director do Departamento de Estomatoloxía, Juan Seoane Lestón; o padriño da promoción, César Álvarez Congost; e Sabela García Varela e Antonio Pazos Platas en representación dos alumnos. Ademais dos relatores, asisten a este acto a vicedecana da Facultade, Inma Tomás Carmona; os presidentes dos Colexios Oficiais de Odontólogos da Coruña, Lugo e Ourense-Pontevedra, José María Suárez Quintanilla, Alejandro López Quiroga e José M. Álvarez Vidal.