Ir o contido principal

O Máster en Mediación pecha este venres a súa terceira edición

A terceira edición do Máster en Mediación pecha este venres 27 a súa programación co acto de clausura que presidirá o reitor Juan Casares a partir das 19.30 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito. Xunto a el intervirán ademais a directora do Máster, Raquel Castillejo; o decano da Facultade de Dereito, Luis Míguez Macho; e o director de Asistencia Sanitaria do SERGAS, Felix Rubial. Ademais, o profesor de Psicoloxía Social da Complutense Florentino Moreno pronunciará a conferencia 'Mediación: un novo paradigma na resolución de conflitos'. O obxectivo deste posgrao é a formación de profesionais con dominio nas técnicas de mediación nos diferentes ámbitos nos que se poida xerar un conflito. Na actualidade, estás técnicas preséntanse como unha forma de resolución de conflitos alternativa á xurisdición, a través da que as partes chegan por si mesmas a unha solución coa axuda dun mediador quen, coa súa formación, ofrece novas vías de diálogo e entendemento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.07.2012.