Odontoloxía aborda o tratamento precoz dos problemas de ortodoncia e ortopedia dentofacial na cativada
O Servizo de Investigación en Ortodoncia da USC inicia neste mes de novembro unha dobre campaña de prevención e tratamento precoz dos problemas de ortodoncia e ortopedia dentofacial nos nenos e nenas de 6 a 10 anos e de ortodoncia invisible (aliñadores) para o persoal sanitario e membros da comunidade universitaria. A campaña inclúe a primeira visita, diagnóstico e consello ortodóncico gratuíto e, no caso da cativada, unhas tarifas reducidas cando a indicación do tratamento sexa médico (prevención dos problemas respiratorios, bruxismo, síndrome de apnea-hipoapnea obstrutiva do sono, problemas de articulación temporomandibular e dor-disfunción, entre outras).
No caso dos aliñadores de deseño e fabricación dixital e 3D, utilizando realidade virtual, a campaña inclúe a súa fabricación no Centro e/ou a fabricación e impresión por recoñecidas marcas internacionais líderes no sector. A campaña realizarase na clínica do Servizo de Investigación en Ortodoncia na terceira planta do Edificio de Odontoloxía (Rua Entrerrios, detrás da Facultade de Medicina e Odontoloxía). Pódese contactar no número 881 81 23 59