Ir o contido principal

Odontoloxía celebra este sábado o acto de licenciatura

O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acolle este sábado 22 o acto de licenciatura de Odontoloxía, que presidirá o reitor ás 13.30 horas. O evento dará comezo coas intervencións de Valentina Sánchez Santillán e Alfonso Souto Míguez en representación do alumnado, para continuar con José Antonio López Campos, padriño da promoción. A continuación intervirán o director do Departamento de Estomatoloxía, Juan Seoane Lestón; o profesor da USC e presidente do Colexio Oficial de Odontólogos da Coruña, José María Suárez Quintanilla; e o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Juan Gestal Otero.

A lectura do Xuramento Hipocrático e a recollida de diplomas porán fin ao acto, que tamén contará coa presenza da vicedecana do centro, Inmaculada Tomás Carmona; o presidente do Colexio de Odontólogos de Pontevedra e Ourense, José Manuel Álvarez Vidal; e o secretario do Colexio de Odontólogos de Lugo, José Otero Sanfeliu.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.06.2013.