Ir o contido principal

Presentación do Dicionario de Bioloxía: galego-inglés-castelán

O Dicionario de Bioloxía: galego- inglés- castelán preséntase este martes, día 1 de marzo, na Facultade de Bioloxía, a partir das 12:00 horas no Salón de Graos Severo Ochoa deste centro compostelán. Na presentación intervirán a decana da Facultade, María Luz González Caamaño; o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o tesoureiro da Real Academia Galega, Manuel González; e o catedrático de Bioquímica da USC, Jaime Gómez Márquez. A obra é unha iniciativa da Facultade de Bioloxía da USC, que contou coa contribución da Xunta de Galicia e do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e coa colaboración de docentes e estudantes da titulación compostelá. É unha obra pioneira que recolle vocábulos de uso cotiá no ámbito da bioloxía, coas súas acepcións en galego, inglés e castelán.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.02.2011.