Ir o contido principal

Presentan en Medicina o libro Manual de higiene oral para personas con discapacidad

Manual de higiene oral para personas con discapacidad é unha obra pioneira que proporciona información útil sobre coñecementos e habilidades básicas a todas aquelas persoas que participan en actividades de hixiene e prevención en saúde oral no ámbito das persoas con discapacidade. Este é un volume dirixido aos profesionais da saúde oral, familia, coidadores e a todas aquelas persoas que participan da idea de que unha boca saudable é indispensable para alcanzar e manter estándares de saúde xeral. A obra presentarase este venres 26 no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía a partir das 13.30 horas. Presidido polo vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González, ao acto asistirán ademais o decano do centro, Juan Gestal; o xerente de Xestión Integrada da Área Sanitaria de Santiago, Luis Verde Remeseiro; o presidente do Colexio Galego de Odontoloxía e Estomatoloxía, José Mª Suárez; o presidente do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia, Héctor Hugo Paso; o presidente da Federación de Asociacións en Favor das persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia, Eladio Fernández; e o profesor Jacobo Limeres, en representación do cadro de autores da obra autores. Os autores son ademais de Jacobo Limeres, odontólogo da Unidade de Pacientes Especiais do Departamento de Estomatoloxía da USC, a técnica superior en Hixiene Bucodental do Sergas Mª Esther Pérez e o odontólogo de Atención Primaria do Sergas e da Unidade de Pacientes Especiais da USC Javier Fernández Feijoo. O profesor Pedro Diz Dios é o editor do volume.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.10.2012.