Ir o contido principal

O profesor Federico Martinón ingresa na Real Academia de Medicina de Galicia como académico numerario

Federico Martinón é profesor da USC
Federico Martinón é profesor da USC
Ocupará a cadeira de Pediatría logo dunha dilatada traxectoria na que xestionou directamente ou dirixiu como investigador principal máis de 50 proxectos de investigación competitivos e 80 ensaios clínicos de vacinas
Santiago de Compostela

O profesor da USC, Federico Martinón Torres, ingresa este venres 24 na Real Academia de Medicina de Galicia como académico numerario da cadeira de Pediatría. Martinón é responsable do grupo de investigación Coidados Intensivos, Intermedios e Urxencias Pediátricas do departamento de Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría da USC. Tamén é xefe de Pediatría e director de Pediatría Traslacional e Enfermidades Infecciosas no Hospital Clínico Universitario de Santiago. 

A súa tese de doutoramento defendida na USC titulouse ‘Heliox y bronquiolitis aplicación de una mezcla gaseosa de baja densidad en el tratamiento de la bronquiolitis aguda del lactante’. Os seus principais intereses de investigación son as vacinas, enfermidades infecciosas, enfermidade meningocócica, xenética do hóspede e biomarcadores. Xestionou directamente ou dirixiu como investigador principal máis de 50 proxectos de investigación competitivos, 80 ensaios clínicos de vacinas de fase 1 a 3, e 25 bolsas de colaboración relacionadas con enfermidades infecciosas e xenómica. 
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.02.2023.