Ir o contido principal

Proxección en Filosofía de ‘Le testament d’Orphée’, de Jean Cocteau

Proxección en Filosofía de ‘Le testament d’Orphée’, de Jean Cocteau
Proxección en Filosofía de ‘Le testament d’Orphée’, de Jean Cocteau

A Facultade de Filosofía organiza este curso un ciclo de cinema coa proxección de filmes arredor dos que haberá sesións de debate con docentes da USC e de centros de ensino secundario.

Na sesión desta semana, este mércores 7 ás 18.30 horas proxectarase a película ‘Le testament d’Orphée’ (1960), de Jean Cocteau, na que un poeta decide facer balance da súa vida e obra chegado o momento da súa morte.

No debate sobre a cinta participarán nesta ocasión a profesora da Facultade de Historia Fátima Díez Platas, o profesor de Filosofía da USC Xavier de Donato Rodríguez e a profesora do IES Sar María Lopo.

O ciclo O Ciclo de Cinema Filosófico contempla a proxección en datas vindeiras de filmes como ‘Ninguén sabe’, de Hirokazu Koreeda; ‘Traballo ocasional dunha escrava’, de Alexander Kluge; ou ‘Ikiru’ [Vivir], de Akira Kurosawa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.11.2018.