Seminario sobre remedios ecolóxicos en horticultura
A práctica dunha agricultura con criterios de sustentabilidade non é compatible coa utilización de produtos sintéticos que non respecten os ciclos naturais. Para afrontar os problemas sanitarios que poidan xurdir, a agricultura ecolóxica ten desenvolvido numerosas estratexias que serán expostas nun seminario da USC por Bernardo Estévez, viticultor experto en remedios ecolóxicos. O seminario, de entrada libre, terá lugar o martes 10 ás 18:30 h na Aula 5 da Facultade de Bioloxía en Santiago e poderá ser seguida por videoconferencia dende a Sala de Xuntas da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo. A actividade forma parte do programa formativo do Proxecto de Hortos Urbanos do Programa USC en Transición.