Ir o contido principal

As técnicas e a xestión de consultas dietéticas e nutricionais centran este xoves unha xornada na Facultade de Ciencias

A dietista e nutricionista Patricia Bretró guiará, a partir das 9.00 horas, as sesións formativas orientadas a estudantes e titulados en Nutrición Humana e Dietética

O coñecemento das técnicas e da xestión que debe rexer o funcionamento das consultas dietéticas e nutricionais centra este xoves unha xornada monográfica na Facultade de Ciencias do campus de Lugo aberta á participación de estudantes e titulados en Nutrición e Dietética.

A dietista e nutricionista Patricia Bretó Barrera, quen tamén é docente no máster en Nutrición Personalizada e Comunitaria da Universidade de Valencia, será a encargada de guiar as distintas sesións formativas, que se desenvolverán, a partir das 9.00 horas, no salón de actos José Rodríguez Mourelo da Facultade de Ciencias. O obxectivo desta xornada pasa por dar a coñecer ás persoas participantes os recursos didácticos e as ferramentas necesarias para abordar e desenvolver con eficacia o traballo que se realiza nas consultas de nutrición.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.01.2016.