Ir o contido principal

O ultrafondista e empresario Josef Ajram pronunciou unha conferencia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

O ultrafondista e empresario Josef Ajram pronunciou unha conferencia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Foto: SERVIMAV-USC)
O ultrafondista e empresario Josef Ajram pronunciou unha conferencia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Foto: SERVIMAV-USC)

O ultrafondista, corredor de Bolsa e carismático comunicador no ámbito das competencias, Josef Ajram, compartiu este venres na USC a súa visión da vida e os negocios, na que se mesturan a planificación e a autoesixencia coa procura dun camiño propio, a confianza nun mesmo e a ruptura dos límites de cada un. Con esta conferencia, organizada en colaboración co ClubFinanceiro de Santiago, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais continúa co programa de actividades relacionadas coa mellora da empregabilidade e o fomento das habilidades emprendedoras dirixido ao alumnado de calquera das titulacións da USC, fundamentalmente dos últimos anos de grao e máster. O conferenciante, despois de triunfar na Bolsa, onde traballa o sector do day trading (operacións de compra e venda nun mesmo día), dedicouse ao deporte. Participa con éxito en probas de gran esixencia física, especialmente o triatlón extremo. Na súa faceta de coach, imparte conferencias, unindo a experiencia deportiva coa empresarial. É, ademais, unha das personalidades españolas máis coñecidas no ámbito das redes sociais. Ajram falou dos límites profesionais e persoais (Foto: SERVIMAV-USC) O ultrafondista encheu de público a aula de Económicas (Foto: SERVIMAV-USC)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2015.