A USC participa no Festival AMAL cun programa especial con proxección de curtas e videodocumentais experimentais sobre Oriente Medio
A Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago colabora coa Fundación Araguaney no festival de cine euro-árabe Amal, cun programa especial paralelo no que se proxectarán curtas e videodocumentais experimentais sobre Oriente Medio. ‘From the middle East with love’ desenvolverase entre os días 23 e 26 de outubro no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos, s/n).
O programa comezará o martes, día 23, ás 20:00 horas, coa presentación a cargo do vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández, e do comisario de Amal, Ghaleb Jaber. A continuación, o comisario do ciclo paralelo en Filosofía, Khaled D. Ramadán, pronunciará a conferencia ‘A videocreación independente no Oriente Medio’, para dar paso á proxección dos traballos ‘Plantet of the arabs’, de Jacki Salloum, e ‘We will win’, de Mahmoud Hojeij.
O ciclo continúa o mércores, xoves e venres, ás 18:00 horas, coa proxección de diversas pezas audiovisuais de carácter documental e experimental.