Ir o contido principal

A vindeira semana comeza o curso sobre procesos creativos en fotografía

O alumnado inscrito pode recibir un crédito ECTS por cada 25 horas

Continuando coa súa programación, o Espazo de Fotografía da USC inaugura o martes na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais o seu curso monográfico sobre procesos creativos e para o que aínda quedan prazas libres. O alumnado de grao que se matricule nalgunha das xornadas propostas e asista ao 80% das horas lectivas poderá recibir un crédito ECTS por cada 25 horas cursadas.

Neste obradoiro de 14 horas daranse as claves e estratexias necesarias para implementar e mellorar o proceso creativo aplicado á fotografía desde a xeración de ideas ata a edición final co obxecto de eliminar as posibles barreiras que poidan limitar as posibilidades expresivas do autor.

Para acadar máis información as persoas interesadas poden dirixirse á Área de Cultura da USC, no edificio da Reitoría (Colexio de San Xerome), ou nos teléfonos 881.811.018 e 881.811.103.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2016.