Ir o contido principal

A xornada 'Móvete' dará conta en Santiago dos programas de prácticas internacionais e das oportunidades de traballo e mobilidade

A xornada 'Móvete' dará conta en Santiago dos programas de prácticas internacionais e das oportunidades de traballo e mobilidade
A xornada 'Móvete' dará conta en Santiago dos programas de prácticas internacionais e das oportunidades de traballo e mobilidade

Dirixido a estudantes de últimos cursos, investigadores e titulados recentes da USC, este mércores 30 celebrarase no Campus de Santiago a xornada gratuíta ‘ Móvete', sobre programas de prácticas internacionais, recursos e oportunidades de traballo e mobilidade para a mocidade. Previa inscrición, celebraranse dúas sesións, a primeira entre as 9.30 e as 13.30 horas no Salón de Graos da Facultade de Relacións Laborais e outra entre as 16.30 horas e as 19.00 horas na Facultade de Filoloxía.

‘Móvete’ dará a coñecer ao estudantado os diferentes programas de prácticas e oportunidades de mobilidade laboral para que as persoas interesadas poidan coñecer as esixencias do mercado laboral a escala internacional, ademais de adquirir aptitudes específicos e mellorar a súa comprensión da diversidade da contorna económica e social. As intervencións programadas achegarán información sobre as características, condicións e proceso de execución dos diferentes programas co obxecto de mellorar as posibilidades de consecución de prazas nas convocatorias ás que se opten.

O programa matinal comezará co relatorio de Elena Argudo, técnico do programa Eurodesk do Instituto Nacional de Juventud presentando as distintas oportunidades e recursos para a mobilidade no espazo europeo, para continuar cunha intervención por parte de persoal da Oficina de Relacións Exteriores da USC sobre as prácticas na UE a través do programa Erasmus +. A sesión completarase coa presentación da asociación AIESEC Santiago sobre os programas de prácticas e voluntariado en perspectiva internacional e o relatorio da directora do Centro de Linguas Modernas, Katerina Vlasakova, titulado ‘As linguas ábrenche a mente e moitas portas. Que podes facer no CLM da USC?’. A sesión volverase celebrar a partir das 16.30 horas na Facultade de Filoloxía cun programa semellante.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.03.2016.