Ir o contido principal

A xornada ‘Mulleres na emigración’ abre o programa de actividades da USC arredor do Día Internacional das Mulleres en 2014

A xornada ‘Mulleres na emigración’ é a primeira das actividades que a Oficina de Igualdade de Xénero da USC organiza este ano arredor do Día Internacional das Mulleres. A xornada desenvolverase este mércores 5 baixo o lema ‘Do real á verdade do real: ao redor de ‘A cicatriz branca de Margarita Ledo (Galicia, 2012)’ e terá como acto central a proxección da película A cicatriz blanca e un debate posterior. . Comezará ás 17.00 horas na Facultade de Filosofía. Moderadas polo vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán Villa, intervirán a catedrática de Comunicación Audiovisual, cineasta e escritora, Margarita Ledo Andión; a directora do Centro Interdisciplinario de Estudos Americanistas ‘Gumersindo Busto’, María Pilar Cagiao Vila; a directora do proxecto ‘Ex-sistere’, Manuela Palacios González; e a coordinadora do grupo de investigación Rede de Investigadores en Demografía, Historia Económica e Migracións, María Xosé Rodríguez Galdo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.03.2014.