Skip to main content

Latest news

Galicia, un paradoxo agroecolóxico

Investigadores do Campus Terra da USC ligados ao grupo Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (Ecoagrasoc) e ao Centro Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (Cispac) analizan a situación da produción ecolóxica en Galicia ao abeiro do proxecto Agroecoland, no que tamén participan dúas universidades de Barcelona e a Pablo Olavide, de Sevilla

Read more

Campus Terra, un laboratorio de I+D+i para o sector primario

Unhas xornadas sobre os retos do sector lácteo en Galicia impulsadas polo grupo de investigación PROePLA da USC constantan a permanente transferencia de recursos e coñecementos a empresas e produtores agrogandeiros e forestais, que teñen na sede universitaria luguesa un polo de innovación e desenvolvemento, sinala Francisco Fraga

Read more

EPS de Enxeñaría, un centro pegado á terra con dimensión global

A consultora internacional Kaizen Institute procura futuros profesionais con talento nos eidos da enxeñaría civil e agroforestal entre o alumnado dun centro universitario lugués que vén de entregar ao Banco de Alimentos de Lugo a última colleita de hortalizas cultivadas na Finca de Prácticas do Campus Terra da USC

Read more

O Campus Terra pon en valor o cultivo de pataca en Galicia no LII Seminario de Técnicos e Especialistas en Horticultura

Máis de 30 profesionais, investigadores e técnicos do sector hortícola en España presentará en Lugo os resultados dos últimos traballos de experimentación en horticultura no marco dun foro coordinado polos profesores na EPS de Enxeñaría Benigno Ruiz Nogueiras e Mª Belén Díaz que se desenvolverá do 18 ao 22 de setembro e inclúe visitas técnicas a Xinzo de Limia e ao CIAM de Mabegondo

Read more