Álvaro Goldar e Francisco Cardama, titulados da ETSE, entre os mellores expedientes académicos da Enxeñaría Informática de España
Álvaro e Francisco, que actualmente cursan o máster de Computación de Altas Prestacións na ETSE e fan investigación no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)
da USC foron seleccionados pola Sociedade Española De Excelencia Académica (SEDEA https://www.sedea.es/) polo seu rendemento durante os seus estudos de Enx. Informática na USC.