II Premio Informatízate
A ETSE e o Departamento de Electrónica e Computación organizan a segunda edición do concurso de vídeos Informatízate
O concurso anima a que alumnado de educación infantil/primaria, ESO, bacharelato ou FP produza breves vídeos orixinais onde se visibilice o traballo de mulleres que fixeron ou fan actividade no eido das TIC ou expliquen conceptos relevantes no eido da informática.
Todos os detalles están na folla web do Premio: https://www.usc.gal/gl/centro/escola-tecnica-superior-enxenaria/premio-informatizate