O/a estudante debe elaborar un traballo de síntese onde aplique e integre, de xeito orixinal e creativo, os coñecementos e destrezas adquiridos nos estudos de Grao.
O TFG en Enxeñaría Informática é unha materia obrigatoria de 12 ECTS.
A matrícula do TFG faise no período ordinario, coma calquera outra materia. O alumno pode matricularse no TFG cando lle resten, ao comezo do curso, como máximo 75 créditos (excluídos os que corresponden ao TFG).
Para realizar o TFG nunha empresa é necesario asinar un convenio de colaboración entre a ETSE e a empresa.
A Comisión de Traballo Fin de Grao en Enxeñería Informática establécese co obxectivo de supervisar e coordinar todas aquelas actividades relativas á organización, planificación e titorización dos TFGs da titulación, así como de garantir o normal desenvolvemento dos procesos de presentación e defensa dos mesmos.
A Comisión está composta por cinco Profesores con carga docente en formación básica ou obrigatoria na Titulación e será presidida por un dos seus membros.
Membros actuais da Comisión de TFG:
Presidenta:
Prof. Dna. María Jesús Taboada Iglesias
Profesores EI:
Prof. Dna. Dora Blanco Heras
Prof. D. Francisco Argüello Pedreira
Prof. D. Juan Carlos Vidal Aguiar
Prof. D. Alejandro Tobar Quintanar
Altia Premia:
Dende o curso 2018/2019 Altia esponsoriza un premio ao mellor TFG defendido en cada curso académico. Mais información aquí.
O TFG de EQ consta de 24 ECTS obrigatorios.
Os TFG poden ser das seguintes categorías:
- Deseño dunha instalación industrial, dunha sección ou unidade da mesma. Pódese contemplar a nivel de proxecto básico ou de execución en función da extensión e do nivel de concreción.
- O deseño dunha instalación a escala piloto, cando a importancia e/ou novidade do proceso a abordar o xustifiquen.
O TFG poderá facerse de forma individual ou en grupo. O número máximo de membros do grupo será de 3.
O Traballo Fin de Grao (TFG) no Grao de Intelixencia Artificial (GrIA) é unha materia obrigatoria de 12 créditos ECTS.
A matrícula do TFG faise no período ordinario, como calquera outra materia do GrIA. O estudantado pode presentar e defender o TFG cando lle queden pendentes como máximo 12 ECTS de materias non obrigatorias e/ou as “Prácticas externas I".
Para realizar un TFG nunha empresa é preciso ter asinado un convenio de colaboración entre dita empresa e a ETSE.
A Comisión de TFG do GrIA é a encargada de supervisar e coordinar todas aquelas actividades relativas á organización, planificación e titorización dos TFGs da titulación, así como de garantir o normal desenvolvemento dos procesos de presentación e defensa dos mesmos.
A Comisión está composta por cinco Profesores con carga docente en formación básica, obrigatoria ou optativa vinculada ao itinerario da Titulación, sendo ademáis un membro da mesma o coordinador do GrIA, e estará presidida por un dos seus membros elexido pola propia Comisión na súa reunión constituínte.
Os membros actuais da Comisión de TFG do GrIA son:
Prof. D. Alberto José Bugarín Diz
Prof. D. José María Alonso Moral
Prof. Dña. Raquel Dosil Lago
Prof. D. Marcos Fernández Pichel
Prof. D. Álvaro Ordoñez Iglesias
Prof. D. Daniel Cores Costa