Ir o contido principal

Aula Profesional

Dentro da Aula Profesional desenvólvense diferentes actividades (conferencias, talleres profesionais, seminarios técnicos, presentación de empresas, xornadas, …) orientadas ao alumnado do centro como complemento da súa formación.

Aula Profesional

Algunhas delas son xerais (enfocadas a competencias transversais como comunicación escrita ou xestión do estrés, por exemplo) e outras son específicas dos títulos (con orientación a enx. informática ou enx. química, respectivamente). A información sobre as mesmas está dispoñible nos paneis de información (web, pantallas, corchos) e se presentarán nunha programación cuadrimestral.

Co obxectivo de adecuar a oferta aos horarios e perfís do alumnado, organízanse actividades, preferentemente ao inicio do cuadrimestre, dando preferencia aos grupos de estudantes que se indican, aínda que se poden inscribir estudantes de calquer curso que estean interesados.

As actividades da Aula Profesional poden dar lugar ao recoñecemento de créditos nos graos da ETSE do seguinte xeito:

  • Grao en Enxeñaría Química: se poden contabilizar como créditos obrigatorios dunha materia propia do título.
  • Grao en Enxeñaría Informática: poden recoñecerse 1, 2 ou ata 3 ECTS optativos como “Actividades de recoñecemento de ECTS nos Graos” previa matrícula na Secretaría Virtual nos prazos establecidos. Para máis información, consulta a seguinte ligazón.
  • Grao en Intelixencia Artificial: poden recoñecerse 1, 2 ou ata 3 ECTS optativos como “Actividades de recoñecemento de ECTS nos Graos” previa matrícula na Secretaría Virtual nos prazos establecidos. Para máis información, consulta a seguinte ligazón