Ir o contido principal

Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881816700 (Conserxaría)
881816701 (Dirección)
etse.secredireccion [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Hector Rodriguez Martinez
Contacto
hector.rodriguez [at] usc.es

O obxectivo deste máster é formar profesionais con carácter especializado e multidisciplinar no campo da Enxeñaría Química e de Bioprocesos, con responsabilidades en concibir, proxectar, calcular e deseñar procesos, equipos, instalacións industriais e servizos, en termos de calidade, seguridade, economía, uso racional e eficiente dos recursos naturais e conservación do medio ambiente.

Duración: 2 anos académicos
Código RUCT: 4314245
Número de ECTS: 90
Número prazas: 25

Decano/a ou director/a do centro:
JULIA GONZALEZ ALVAREZ

Coordinador-a do título:
Hector Rodriguez Martinez
hector.rodriguez [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 05/12/2013 (DOG 20/12/2013)

Data de publicación no BOE:
04/04/2014

Data da última acreditación:
28/01/2019

O Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos ten como obxectivo formar profesionais con carácter especializado e multidisciplinar no campo da Enxeñaría Química e de Bioprocesos. O obxectivo último é formar titulados na profesión de Enxeñeiro Químico, con responsabilidades en concibir, proxectar, calcular, e deseñar procesos, equipos, instalacións industriais e servizos, no ámbito da Enxeñaría Química e Bioprocesos e en sectores industriais relacionados, en termos de calidade, seguridade, economía, uso racional e eficiente dos recursos naturais e conservación do medio ambiente. Contémplase igualmente unha orientación investigadora dando acceso directo ao programa de doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental da USC (con Mención “Cara a Excelencia”).

Obrigatorias: 48
Optativas: 12
Prácticas externas 12
Traballo fin de máster: 18
Total: 90

Non se contemplan

Biocatálise

  • P4141101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Bioenxeñaría

  • P4141102
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Bioprocesos

  • P4141103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación da investigación

  • P4141113
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Tecnoloxías para a valorización da biomasa

  • P4141201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Enerxía e contaminación atmosférica

  • P4141202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Xestión do ciclo de vida de produtos e procesos

  • P4141203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Indicadores e metodoloxías de sustentabilidade corporativa

  • P4141204
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Reoloxía de Biopolímeros

  • P4141205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Líquidos iónicos en procesos químicos e bioprocesos

  • P4141206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Modelización termodinámica e cinética de procesos de secado

  • P4141207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Ecoprocesos para o tratamento de augas

  • P4141208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Tecnoloxías innovadoras para o tratamento de efluentes

  • P4141209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Técnicas e metodoloxías en laboratorios de I+D

  • P4141210
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

O obxectivo deste máster é formar profesionais con carácter especializado e multidisciplinar no campo da Enxeñaría Química e de Bioprocesos, con responsabilidades en concibir, proxectar, calcular e deseñar procesos, equipos, instalacións industriais e servizos, en termos de calidade, seguridade, economía, uso racional e eficiente dos recursos naturais e conservación do medio ambiente.

Non se contempla

Obrigatorias: 48
Optativas: 12
Prácticas externas 12
Traballo fin de máster: 18
Total: 90

Os alumnos estarán en contacto con os coordinadoras/es académicos, que actuarán como titoras/es.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Acceso

Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.

Admisión

Modalidade: criterios xerais

Titulacións de acceso:
Enxeñaría Química
Grao en Enxeñaría Química
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
Enxeñaría Técnica Industrial, especialidade en Química Industrial.

Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B1, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: criterios xerais

Titulacións de acceso:
Enxeñaría Química
Grao en Enxeñaría Química
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
Enxeñaría Técnica Industrial, especialidade en Química Industrial.

Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B1, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

1. Adquirir coñecementos avanzados e demostrado, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo
2. Ser capaces de predecir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade.
3. Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e do seu especialización nun ou máis campos de estudo.
4. Ter habilidade para solucionar problemas que son pouco familiares, incompletamente definidos, e teñen especificacións en competencia, considerando os posibles métodos de solución, incluídos os máis innovadores, seleccionando o máis apropiado, e poder corrixir a posta en práctica, avaliando as diferentes solucións de deseño.
5. Aplicar coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e outras ciencias naturais, obtidos mediante estudo, experiencia, e práctica, con razoamento crítico para establecer solucións viables economicamente a problemas técnicos.
6. Realizar a investigación apropiada, emprender o deseño e dirixir o desenvolvemento de solucións de enxeñaría, en contornas novas ou pouco coñecidas, relacionando creatividade, orixinalidade, innovación e transferencia de tecnoloxía.
7. Saber establecer modelos matemáticos e desenvolvelos mediante a informática apropiada, como base científica e tecnolóxica para o deseño de novos produtos, procesos, sistemas e servizos, e para a optimización doutros xa desenvolvidos.
8. Ter capacidade de análise e síntese para o progreso continuo de produtos, procesos, sistemas e servizos utilizando criterios de seguridade, viabilidade económica, calidade e xestión medioambiental.
9. Dirixir e organizar empresas, así como sistemas de produción e servizos, aplicando coñecementos e capacidades de organización industrial, estratexia comercial, planificación e loxística, lexislación mercantil e laboral, contabilidade financeira e de custos.
10. Dirixir e xestionar a organización do traballo e os recursos humanos aplicando criterios de seguridade industrial, xestión da calidade, prevención de riscos laborais, sustentabilidade, e xestión medioambiental.
11. Dirixir e realizar a verificación, o control de instalacións, procesos e produtos, así como certificacións, auditorías, verificacións, ensaios e informes.
12. Xestionar a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, atendendo á transferencia de tecnoloxía e os dereitos de propiedade e de patentes.
13. Adaptarse aos cambios estruturais da sociedade motivados por factores ou fenómenos de índole económico, enerxético ou natural, para resolver os problemas derivados e aportar solucións tecnolóxicas cun elevado compromiso de sustentabilidade.

1. Saber avaliar e seleccionar a teoría científica adecuada e a metodoloxía precisa do campo de estudo da Enxeñaría Química e de Bioprocesos para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada incluíndo, cando sexa preciso e pertinente, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética ligada á solución que se propoña en cada caso.
2. Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do ámbito temático da Enxeñaría Química e de Bioprocesos, en contextos interdisciplinares e, no seu caso, cunha alta compoñente de transferencia do coñecemento.
3. Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados co área de estudo de Enxeñaría Química.
4. Capacidade para aplicar o método científico e os principios da enxeñaría e economía, para formular e resolver problemas complexos en procesos, equipos, instalacións e servizos, nos que a materia experimente cambios na súa composición, estado ou contido enerxético, característicos da industria química e doutros sectores relacionados entre os que se atopan o farmacéutico, biotecnolóxico, materiais, enerxético, alimentario ou medioambiental.
5. Concibir, proxectar, calcular, e deseñar procesos, equipos, instalacións industriais e servizos, no ámbito da enxeñaría química e sectores industriais relacionados, en termos de calidade, seguridade, economía, uso racional e eficiente dos recursos naturais e conservación do medio ambiente
6. Deseñar produtos, procesos, sistemas e servizos da industria química, así como a optimización doutros xa desenvolvidos, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da enxeñaría química, comprensivas de procesos e fenómenos de transporte, operacións de separación e enxeñaría das reaccións químicas, nucleares, electroquímicas e bioquímicas.
7. Conceptualizar modelos de enxeñaría, aplicar métodos innovadores na resolución de problemas e aplicacións informáticas adecuadas, para o deseño, simulación, optimización e control de procesos e sistemas.
8. Dirixir e supervisar todo tipo de instalacións, procesos, sistemas e servizos das diferentes áreas industriais relacionadas coa enxeñaría química.
9. Dirixir e xestionar técnica e economicamente proxectos, instalacións, plantas, empresas e centros tecnolóxicos no ámbito da enxeñaría química e os sectores industriais relacionados.
10. Deseñar, construír e implementar métodos, procesos e instalacións para a xestión integral de subministros e residuos, sólidos, líquidos e gaseosos, nas industrias, con capacidade de avaliación dos seus impactos e dos seus riscos.
11. Abordar un problema real de Enxeñaría Química baixo unha perspectiva científica, recoñecendo a importancia da procura e xestión da información existente.
12. Posuír as habilidades da aprendizaxe autónoma para manter e mellorar as competencias propias da enxeñaría química que permitan o desenvolvemento continuo da profesión

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

Prácticas

As prácticas consistirán na realización, por parte do alumno, de prácticas nunha ou máis empresas ou institucións, durante 300 h a efectos de obtención dun total de 12 créditos equivalentes (1 crédito ECTS = 25 horas de prácticas). A oferta de prácticas no Máster sustentarase no actual Programa de Prácticas Externas en empresa que xestiona a ETSE no ámbito da Enxeñaría Química.
Para a organización, xestión e seguimento das prácticas externas nomearase a un Coordinador/a de prácticas en empresas, que se encargará da asignación dos centros de prácticas e da súa seguimento. Ademais, o programa asignará ao alumno un titor académico entre o Persoal Docente e Investigador do Centro, que fará un seguimento ao traballo realizado polo alumno e velará pola calidade
da estancia realizada, e un titor externo na empresa, encargado de garantir as condicións apropiadas para a realización da práctica. A Comisión de Titulación elaborará unha memoria anual recollendo a información relevante de centros asignados, satisfacción dos estudantes, valoración dos titores, etc.

O Proxecto Fin de Máster consistirá nun exercicio orixinal realizado individualmente, consistente
nun proxecto integral de Enxeñaría Química de natureza profesional no que se sinteticen as
competencias adquiridas nos ensinos.
O proxecto pode consistir nun traballo de investigación, de deseño ou estudos de desenvolvemento científico ou técnico, sempre relacionados coas distintas materias do Máster.
O proxecto poderá realizarse nunha estancia nunha Empresa, Organismo público, Universidade, Centro de investigación ou Centro Tecnolóxico que asine un convenio de colaboración coa USC no contexto do Máster, ou ben nun Grupo de Investigación da USC. Salvo cando a estancia se realice na USC nomearase un titor externo ademais dun Profesor titor do Máster.
Os alumnos deberán superar todas as demais materias do Máster antes de defender o Proxecto
Fin de Máster.

O profesorado está composto por profesores que pertencen a departamentos da propia Universidade, con experiencia acreditada en docencia e investigación. Ademais do Departamento de Enxeñaría Química, participan os de Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Matemática Aplicada, Economía Financeira e Contabilidade e Psicoloxía Social, Básica e Metodolóxica.

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Oferta

IN01
Prazas ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico.

Info da escala: Número enteiro

30,0

30,0

30,0

30,0

30,0

25,0

Matrícula

IN02
Matrícula

Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Número enteiro

42,0

31,0

39,0

47,0

45,0

49,0

IN03
Matrícula de acceso

Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

19,0

13,0

23,0

24,0

20,0

25,0

IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición

Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

19,0

13,0

23,0

24,0

20,0

25,0

IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición

Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-13,64

-31,58

76,92

4,35

-16,67

-

Perfil de entrada

IN06
Nota media de acceso por preinscrición

Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada.

Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos).

7,0819

7,087

6,7653

6,9601

6,7927

7,3031

IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

12,82

14,89

24,44

38,78

IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados

Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

16,67

19,35

17,95

21,28

20,0

10,2

IN13
Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC

Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

51,06

44,44

40,82

Adecuación á demanda

IN12
Tasa de ocupación

Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

63,33

43,33

76,67

80,0

66,67

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Mobilidade allea

IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados

Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

4,44

0,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu

Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

95,65

100,0

93,33

71,43

95,0

85,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Abandono

IN41
Taxa de abandono RD 1393/2007

Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,26

0,0

0,0

0,0

4,35

4,17

Avaliación

IN36
Taxa de avaliación

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

99,31

97,4

94,63

97,91

94,46

94,21

Duración media dos estudos

IN38
Duración media dos estudos

Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.

Info da escala: Número racional con dous decimais

2,0435

2,0

2,2

2,0476

2,0

2,1

Eficiencia dos titulados

IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

97,72

100,0

95,98

99,92

99,08

95,65

Estudantes por grupo

IN32
Media de alumnos por grupo de docencia interactiva

Relación entre o número de alumnos matriculados e o número de grupos de docencia interactiva.

Info da escala: Número racional con dous decimais

13,3023

11,4615

17,4103

18,561

14,8462

18,1951

IN55
Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

15,0

22,3846

25,1667

19,0

24,6364

IN56
Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

6,8571

12,2857

11,375

10,0

12,125

Éxito

IN35
Taxa de éxito

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

99,48

100,0

100,0

99,64

100,0

99,85

IN50
Taxa de éxito dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

97,72

100,0

95,98

101,99

99,58

98,3

Graduación

IN37
Taxa de graduación

Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

94,74

100,0

100,0

100,0

86,96

91,67

Rendemento

IN34
Taxa de rendemento

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

98,79

96,56

94,63

97,56

94,46

94,07

Satisfacción

IN19
Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,85

3,8519

-

4,5

-

3,8889

IN20
Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,2333

4,6667

-

4,83

4,67

4,29

IN21
Satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,8

4,63

-

-

-

-

IN23
Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible

Valoración media da enquisa de satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,2806

3,35

-

-

-

-

IN33
Grao de satisfacción dos egresados cos servizos

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción cos servizos da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,6667

3,875

-

-

-

-

IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,6702

3,6364

-

3,26

3,55

-

IN46
Satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,19

4,04

3,97

3,85

4,03

4,42

IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,9461

4,2609

4,0545

4,0735

4,2773

4,303

IN48
Taxa de resposta na enquisa de satisfacción

Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

77,2727

54,5455

62,963

64,2857

39,1304

60,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios

Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

88,0

90,91

91,3

91,67

94,44

94,74

IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

96,55

100,0

100,0

IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

72,0

72,73

68,0

55,17

60,87

69,57

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2024.