Evento de promoción e difusión de empresas lideradas por mulleres, achegando ao público os produtos e servizos expostos en diversas casetas ocupados polas emprendedoras.
Paralelamente á feira, organízanse mesas redondas onde, por unha banda emprendedoras de referencia expoñen a súa experiencia á hora de emprender e con que retos se atópan no camiño e, por outra, se pon en valor o emprender en determinados ámbitos como pode ser o rural.