05.14.2025 | 20.00h

O 14 de maio celébrase o III MilongUSC no comedor do Colexio de Fonseca (entrada polo xardín), unha actividade incluída dentro da programación da Primavera Cultural.
A milonga é un espazo onde as persoas amantes do tango e da milonga se reúnen para bailar e socializar, para compartir experiencias nun lugar onde se respira o ambiente do tango e se comparte a paixón polo baile.