05.20.2025 | 19.30h
Promovida polo Espazo de Danza da USC, trátase dunha actividade con acceso libre para o público xeral

A Universidade de Santiago de Compostela organiza o seu cuarto Tradi-Fest, un festival de música e danza tradicional que ten como principal obxectivo favorecer un diálogo cultural, nun futuro, entre os pobos do norte e do sur da franxa Atlántica, coa difusión da cultura musical e dancística tradicional.
Está actividade está incluída dentro da programación da Primavera Cultural e será o 20 de maio, ás 19.30 horas, no Xardín das Pedras que Falan (detrás do Colexio de Fonseca).