
Constituiranse dous espazos, un presencial e outro virtual, nos que, a través da reflexión compartida, buscarase o desenvolvemento das competencias afectivas das persoas participantes desde unha perspectiva feminista e queer. Ao longo de seis sesións -seis para cada espazo- levaranse a cabo actividades e dinámicas moi diversas: de expresión verbal e artística, xogo grupal, análise de obxectos culturais, debates, etc., -sempre adaptándose ás características, necesidades e intereses do alumnado-, e en consonancia cos obxectivos da formación.
OBXECTIVOS:
Estimular un desenvolvemento integral feminista e queer.
Colectvizar os malestares, estimulando a súa análise e transformación, -persoal e grupalmente-
Apoderar á mocidade, buscando liberalxs de posibles restricións asociadas ao sexo-xénero e/ou á orientación sexual, a súa orixe étnica, poder adquisitivo, aspecto...
Educar ás persoas na busca da liberdade, entendendo ao individuo como un todo, parte dun conxunto máis amplo; potenciando a conciencia e a sensibilidade, respectando e poñendo en valor as súas particularidades e diferencias.
Contribuír á aprendizaxe e ao adestramento de competencias afectivas como: a conciencia sensible e a regulación de afectos, a autonomía crítica, as competencias sociais e as competencias para a vida e o benestar.
Transformar a realidade, lastrada pola herdanza dunha construción sociocultural cisheteropatriarcal, racista, clasista, capacitista, especista..., compensando as desigualdades e desfacendo as opresións.
Previr a violencia, -entre iguais, de xénero, por razón de identidade e/ou orientación sexual-, como posibles condutas de risco, ademais das discriminacións por estas e outras razóns como a orixe familiar, as capacidades, a etnia...
CONTIDOS
-
A identidade como subxectividade: no plano persoal e no social
-
Descubrimento, identificación, comprensión e regulación dos afectos
-
Disidencias sexuais e vinculares
-
Vínculos saudables: a constitución das relacións interpersoais desde a sensibilidade e a horizontalidade
MÉTODO
Empregarase unha metodoloxía de carácter grupal, activa, dinámica e participativa. As sesións desenvolveranse, para o grupo presencial físico, no espazo facilitado pola Universidade e, no caso do grupo virtual, a través da plataforma telemática Microsoft Teams (na que é posible a interacción síncrona con video máis con audio). Estas sesións e basearanse en explicacións, simulacións, dinámicas de grupo, discusións e debates. Fomentarase a análise da linguaxe empregada, dos estereotipos interiorizados, das mensaxes recibidas a través dos medios de comunicación, dos obxectos culturais e da sociocultura en xeral, a fin de valorar a influenza de todos estes elementos na construción das actitudes, pensamentos, afectos e comportamentos individuais e colectivos.
Paralelamente ás sesión, de forma autónoma e nas horas non presencias establecidas para esta formación, o alumnado realizará un traballo sobre os contidos tratados; traballo que deberán entregará ao remate da actividade, nos prazos establecidos pola docente.
DURACIÓN
A duración do proceso formativo será de 15 horas presenciais e 10 horas non presenciais.
DOCENTE
Aixa Permuy, profesora e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela e membro do CIFEX.
HORARIO, LOCALIZACIÓN E DATAS
Grupo presencial, Santiago:
Aula 4 Módulo A, Facultade de Ciencias da Educación do Campus Sur de Santiago de Compostela.
5, 12, 19 e 26 de marzo, 2 e 9 de abril de 2025, en horario de 12:30 a 15:00.
Duración:
15 horas presenciais e 10 horas de traballo persoal (non presenciais).
Matrícula: sen custo para o alumnado
Prazas: 15
Grupo virtual (alumnos do Campus de Lugo)
6, 10, 17, 24, 31 de marzo e 7 de abril de 2025, en horario de 11:00 a 13:30. Por MS Teams.
Duración: 15 horas virtuais (sincrónicas) e 10 horas de traballo persoal
Matrícula: sen custo para o alumnado
Prazas: 15
Matrícula: do 26 de febreiro de 2025 ata o 03 de marzo de 2025 no campus virtual da USC.