Skip to main content

Proxecto LIFE SILFORE

Mostra ‘Cara á conservación e xestión de sistemas agroforestais resilientes a través das prácticas silvopastoráis’

03.07.2025-03.31.2025

Lugo
Pavillón Central

Paneis informativos explicativos do proxecto
Paneis informativos explicativos do proxecto

O corredor do Pavillón Central de Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) acolle a mostra itinerante do proxecto  LIFE SILFORE titulada ‘Cara á conservación e xestión de sistemas agroforestais resilientes a través das prácticas silvopastoráis’.  “O cambio climático está a provocar importantes efectos prexudiciais nos bosques europeos e, entre eles, os incendios forestais representan unha das maiores ameazas”, apuntan dende a organización. Neste escenario, é fundamental “aumentar a resiliencia dos bosques atlánticos e subatlánticos ante os efectos do cambio climático, e a implantación de medidas silvopastorais pode ser unha das alternativas”.

LIFE SILFORE é un proxecto "demostrador" que ten como retos reducir a biomasa de combustible mediante o pastoreo, incrementar a diversidade biolóxica favorecida pola xeración de múltiples gradientes de luz, humidade, ou fertilidade, entre outros; así como diversos nichos ecolóxicos para plantas e animais con diferentes requisitos. “Esta biodiversidade é unha peza clave para garantir a resiliencia dos parches arbóreos ante impactos como os xerados polo cambio climático”, destacan. Manter a oferta de servizos ecosistémicos a escala paisaxística e rexional é outro dos horizontes do proxecto. 
 

The contents of this page were updated on 03.11.2025.