Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias
Proporciona formación especializada e servizos tecnolóxicos avanzados a empresas e entidades do sector lácteo e alimentario. Para iso conta cunha planta piloto semindustrial, das máis completas do país a nivel de equipamento, e con persoal altamente cualificado, multidisciplinar e con experiencia.

Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE)
Fundada a finais de 2008, esta plataforma está formada por investigadores e docentes que ofrecen servizos á sociedade e apoio formativo nas áreas de coñecemento relacionadas coa enxeñaría da madeira con fins estruturais.

Plataforma de servizos xenéticos, xenómicos e peixe cebra
A Plataforma ofrece solucións avanzadas no eido da xenética, a xenómica así como no uso do peixe cebra en estudos de cancro, enfermidades raras e toxicidade para proxectos de investigación en diversas áreas. Coa experiencia e a tecnoloxía coa que conta a Plataforma facilítase o desenvolvemento de estudos e proxectos nun amplo rango de disciplinas científicas.

Sistema de Información Territorial (SIT)
O SIT proporciona apoio científico e tecnolóxico aos investigadores da USC e ao seu contorno social no que incumbe ao manexo de información relacionada co territorio ou con aquela outra que posúa un compoñente xeoespacial.
