Ir o contido principal

Plataformas Tecnolóxicas

As Plataformas Tecnolóxicas constitúen un exemplo dos recursos e capacidade investigadora do Campus Terra xa que ofrecen unha ampla gama de servizos tecnolóxicos, tanto ás propias estruturas de investigación da USC, ou alleas, como a empresas e institucións.

Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias

Proporciona formación especializada e servizos tecnolóxicos avanzados a empresas e entidades do sector lácteo e alimentario. Para iso conta cunha planta piloto semindustrial, das máis completas do país a nivel de equipamento, e con persoal altamente cualificado, multidisciplinar e con experiencia.

Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias
Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias

 

Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE)

Fundada a finais de 2008, esta plataforma está formada por investigadores e docentes que ofrecen servizos á sociedade e apoio formativo nas áreas de coñecemento relacionadas coa enxeñaría da madeira con fins estruturais.

Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE)
Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE)

 

Secuenciación e Xenómica Funcional

Pon ao servizo dos seus clientes as tecnoloxías máis avanzadas no campo da secuenciación e xenotipado de ADN e ofrece soporte técnico e asesoramento para aqueles investigadores que desexan introducir estas técnicas no seu campo de traballo.

Secuenciación e Xenómica Funcional
Secuenciación e Xenómica Funcional

 

Sistema de Información Territorial (SIT)

O SIT proporciona apoio científico e tecnolóxico aos investigadores da USC e ao seu contorno social no que incumbe ao manexo de información relacionada co territorio ou con aquela outra que posúa un compoñente xeoespacial.

Sistema de Información Territorial
Sistema de Información Territorial (SIT)
Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.12.2021.