Para levar a cabo este labor, o Campus Terra conta cunha coordinadora do Programa e cun grupo de profesores colaboradores das diferentes facultades e escolas do Campus. A través de visitas e charlas nos centros que imparten ensino medio, de concentracións ou encontros destes centros no propio Campus en varias xornadas que se organizan ao longo do curso, e doutras actividades de difusión, preténdense dar a coñecer a oferta da USC en xeral e do Campus Terra en particular ao alumnado participante.
Estas iniciativas desenvólvense coordinadamente cos responsables do Programa en Santiago, e se poden solicitar directamente á coordinadora no Campus Terra, no enderezo abaixo sinalado, ou a través da páxina do Programa A Ponte na web da USC.