Ir o contido principal

Lugo Univercidade

O Campus Terra e a cidade de Lugo forman unha combinación perfecta que o ten todo para a vida universitaria.

Campus Terra Internacional

Natureza

Lugo en si é unha marabilla natural, a combinación perfecta co mellor do mar e da montaña: desde unha das mellores praias do mundo, Augas Santas, a lugares únicos como a Ribeira Sacra. Conta coa primeira Reserva da Biosfera declarada en Galicia e a segunda en España en extensión, Terras do Miño, e tamén coa Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e parte da do Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

Pero non só: tamén atoparás a tiro de pedra da capital recunchos inigualables como a Serra do Xistral, a Ría de Ribadeo, a Devesa da Rogueira, o nacemento do Miño no Pedregal de Irimia… Natureza en estado puro que está agardando que a descubras.

Patrimonio

Lugo é historia viva da humanidade, moito máis que murallas milenarias e grandes espazos urbanos. En cada un dos seus concellos poderás atopar un relato do noso pasado, sexa do Paleolítico na primeira mostra de arte rupestre do noroeste peninsular, a Cova de Eirós, sexa regresar a época dos castros en Viladonga, ou rememorar a morte do Mariscal Pardo de Cela e con ela, a fin da Idade Media galega, na ponte do Pasatempo en Mondoñedo.

Lugo alberga a catedral máis antiga do sur de Europa, San Martiño de Mondoñedo, ou a única igrexa construída en mármore de España, O Hospital, pezas únicas do nos patrimonio que resistiron ao paso do tempo.

Calidade de vida

En Lugo temos unha magnífica calidade de vida onde o máis importante son as persoas. Seguro que oíches falar do famoso ambiente de tapeo que temos na zona histórica, o ben que se come por aquí e, sen dúbida, saberás que é unha das cidades máis baratas e máis cómodas para vivir de toda a xeografía española.

Tamén tes una ampla oferta de pisos en aluguer que son amplos, de recente construción, ao lado do Campus e a un prezo accesible (100-150 €/mes por persoa nun piso compartido de 3-4 habitacións) e ademais no Campus atoparás unha moderna e ampla biblioteca intercentros na que sempre atoparás un sitio.

O Campus Terra como factor dinamizador da cidade universitaria

Lugo é unha cidade exemplo de renovación urbana a partir da construción do Campus Terra e a urbanización do seu contorno.

A vida universitaria de Lugo ten un notable peso na conformación da súa identidade cidadá e na súa actividade económica, e repercute nun rexuvenecemento e incremento da poboación.

Tamén son importantes a creación e a consolidación de iniciativas empresariais do sector primario mediante spin-offs orixinadas no campus.

Ademais, as autoridades públicas foron integrando a universidade nas súas estratexias de planificación:

  • Muramiñae, proxecto do Concello de Lugo co apoio do Ministerio de Facenda y Administracións Públicas
  • LIFE Lugo+Biodinámico, estratexia de planificación urbana para mellorar a calidade de los espazos urbanos
  • Difusión de la ciencia, la cultura y el arte: Lugo Cultural
  • Actividades culturais e formativas

Para saber máis de Lugo:

http://concellodelugo.gal/gl/lugo-destino-turistico

https://turismo.deputacionlugo.gal/

http://www.turgalicia.es/presentacion-de-lugo?langId=gl_ES

https://adomusdomitreo.com/

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2022.