
As súas funcións son as seguintes:
-
Identificar e rexistrar os resultados de investigación transferibles.
-
Avaliar o potencial comercial e a utilidade social dos resultados de investigación.
-
Protexer os resultados de investigación e xestionar a súa protección mediante patentes e outras formas de protección.
-
Propor e dinamizar procesos de valorización e maduración dos resultados de investigación.
-
Negociar, xestionar e facer o seguimento dos contratos de transferencia de resultados de investigación.
-
Apoiar e asesorar as iniciativas de creación de empresas baseadas en resultados de investigación (spin-offs).
-
Fomentar e difundir a transferencia de coñecemento e o emprendemento dentro da comunidade universitaria.
-
Proporcionar formación relacionada co proceso de transferencia e emprendemento.
Programas
Acelerador de transferencia
Destinatarios: grupos de investigación.
Obxectivo do programa: a maduración de resultados de investigación que faciliten a súa transferencia ao contorno social e económico.
Programa ARGOS
Destinatarios: estudantes dos últimos anos de licenciatura ou grao, máster, posgrao ou doutoramento e persoal dos grupos de investigación.
Obxecto do programa: a través do traballo en equipo e do aprender facendo, acompáñase aos participantes no proceso de definición dunha idea de negocio e avalíase a súa capacidade para chegar a un proxecto convincente.
Explorer
Destinatarios: rapaces e rapazas entre 18 e 31 anos.
Obxecto do programa: ofrece apoio, formación e asesoramento durante un período de cinco meses para elaborar plans de negocio baseados en ideas de base tecnolóxica.
Concurso de Ideas e Proxectos Empresariais Innovadores
Destinatarios: estudantes, licenciados/as ou investigadores/as.
Obxecto do concurso: impulsar a creación de empresas innovadoras, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego.
Paralelamente, a oficina mantén colaboración con outras entidades e organismos do ecosistema emprendedor: EOI, Fundación Bankinter, Galicia Open Future de Telefónica, RedEmprendia.
Empresas de base tecnolóxica - spin-offs
Spin-offs creadas no Campus Terra por tipo de actividade:
Nome da empresa | Ano | Actividade |
---|---|---|
GIMENA (Xestión Integral do Medio Natural) | 2002 | Enxeñería, formación e divulgación medioambiental |
Pexego | 2005 | Novas tecnoloxías da información e comunicación |
Quescrem | 2006 | Elaboración de produtos lácteos |
Laboratorio CIFGA | 2007 | Detección de toxinas mariñas |
AMSlab | 2008 | Laboratorio de ensaios químicos e físicos |
LHICA | 2008 | Solucións agroalimentarias |
Geneaqua | 2012 | Servizos de xenética para as empresas acuícolas |
VSonCloud | 2013 | Desenvolvemento de software e metodoloxías para toma de decisións |
TasteLab | 2015 | Análise sensorial de alimentos |
3edata | 2016 | Xestión de proxectos agroforestais e medioambientais |
iBoneLab | 2020 | Estudo da integración de biomateriais nos tecidos vivos |