
A educación infantil e primaria son etapas fundamentais no desenvolvemento dos nenos e nenas, onde se forman as bases da súa identidade, valores e actitudes. Neste contexto, a incorporación da perspectiva de xénero na docencia é esencial para garantir que todos o alumnado, independentemente do seu xénero ou situación, teñan as mesmas oportunidades de desenvolvemento académico e persoal desde unha idade temperá.
Deste xeito, o título deste curso reflicte o compromiso de proporcionar aos mestres/as e futuros mestres/as aquelas competencias precisas para identificar e combater os estereotipos de xénero, así como para formular prácticas pedagóxicas inclusivas e de igualdade de xénero no día a día das aulas, dende os primeiros anos de escolarización. Por iso, inclúense módulos que abordan tanto as bases teóricas da perspectiva de xénero como a súa aplicación práctica (identificación de estereotipos, deseño de actividades educativas con enfoque de xénero, creación de contornas escolares inclusivas, etc.) e se proporcionan ferramentas e recursos que favorezan a súa integración no ensino.
Ao finalizar o curso, as persoas participantes estarán mellor preparadas para desempeñar un rol activo na promoción da coeducación, contribuíndo á formación de cidadáns e cidadás conscientes e comprometidos coa igualdade de xénero.
Obxectivos:
1. Comprender os conceptos básicos da perspectiva de xénero e o seu impacto na educación.
2. Identificar e cuestionar os estereotipos de xénero presentes no entorno educativo (materiais, aula...).
3. Desenvolver estratexias pedagóxicas inclusivas e equitativas que promovan a igualdade de oportunidades para todo o estudantado.
4. Analizar e adaptar o currículo escolar dende unha perspectiva de xénero.
5. Favorecer a reflexión crítica sobre as propias prácticas docentes e a construción de identidades de xénero.
Competencias:
T2.1. Procesar información, ideas e conceptos
T2.2. Planificar e organizar
T2.3. Lidar con problemas
T2.4. Pensar de maneira creativa e innovadora
T3.2. Adoptar un enfoque proactivo
Datas e horario:
Do 21 ao 29 de outubro de 2025.
• 21 de outubro de 2025: 16.30 h. – 18.30 h.
• 22 de outubro de 2025: 16.30 h. – 19.30 h.
• 23 de outubro de 2025: 16.30 h. – 19.30 h.
• 28 de outubro de 2025: 16.30 h. – 19.30 h.
• 29 de outubro de 2025: 17 h. – 19 h.
Lugar: Facultade de Formación do Profesorado. Aula 22.
Número de horas: 15 horas
Prazas: 25
Preinscrición: do 15 de setembro ao 28 de setembro de 2025
1. Menú da esquerda: Admisión. Seleccionar: Estudos Propios.
2. Aparecen os cursos de Formación Específica e Microcredenciais. Seleccionar o de interese.
3. Continuar o proceso segundo as indicacións.
4. IMPORTANTE: o curso é gratuito, non se ten que realizar ningún tipo de pago por ningún concepto.
Matrícula: do 29 de setembro ao 10 de outubro de 2025
Na páxina principal no apartado de matrícula da columna esquerda, débese marcar a opción Matrícula
Na seguinte pantalla, marcar a OPCION 8 (alumnado que desexa facer a matrícula en estudos propios)
A continuación, aparecerá o curso no que está admitido e deberá seguir os pasos que lle indica a aplicación ata terminar o proceso da matrícula. Lembre que o curso é gratuíto, polo que non debe facer ningún pagamento; aínda que apareza a opción, poderá continuar co proceso sen realizar ningún pago.