11.06.2025 | 20.30h
El Barroquista e Sara Rubayo realizarán a gravación en directo dun podcast no Outono Cultural o xoves 6 de novembro ás 20.30 horas na Igrexa da Universidade.
Miguel Ángel Cajigal Vera, alias 'El Barroquista', é historiador da arte e a arquitectura e divulgador cultural. Sara Rubayo, tamén coñecida como 'La gata verde', é historiadora da arte e divulgadora cultural.
As entradas (máx. 2/persoa) poderanse recoller de balde o mesmo día da gravación a partir das 20.00 h. Apertura de portas ás 20.15 h.