Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="http://assets.usc.gal/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

USC e Larsa convocan a segunda edición dos premios ‘Impulsando Galicia’

USC e Larsa convocan a segunda edición dos premios ‘Impulsando Galicia’
USC e Larsa convocan a segunda edición dos premios ‘Impulsando Galicia’
A USC e a Corporación Alimentaria Peñasanta SA (Capsa), a través da súa factoría láctea Larsa, convocan a segunda edición dos premios ‘Impulsando Galicia’, unha iniciativa orientada a promover a...
Lugo

A USC e a Corporación Alimentaria Peñasanta SA (Capsa), a través da súa factoría láctea Larsa, convocan a segunda edición dos premios ‘Impulsando Galicia’, unha iniciativa orientada a promover a saúde a través da nutrición e os hábitos de vida saudables e coa que os seus promotores pretenden aproveitar o talento e xerar valor compartido que contribúa a avanzar cara un sector agroalimentario sustentable no país.

 

Os premios ‘Impulsando Galicia’ son unha iniciativa aberta a estudantes universitarios, emprendedores, sociedades mercantís, empresas e universidades de todo o territorio estatal. Cada participante poderá presentar os proxectos que desexe ata o 25 de abril a través da web do certame habilitada no portal de Larsa.

 

Unha vez formalizada a inscrición, as persoas que integren as diversas candidaturas deben remitir as correspondentes memorias dos seus proxectos innovadores ao enderezo electrónico premiosinnovacion@capsafood.com. O prazo de presentación de memorias remata o 2 de maio. Os tres proxectos mellor valorados polo xurado, cuxa composición tamén aparece recollida nas bases do certame recibirán premios económicos por un importe de 5.000, 3.000 e 1.000 euros, respectivamente.

 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.