Acto de celebración do Día do Traballo

Con motivo da celebración do Día do Traballo, a Facultade de Relacións Laborais ten previsto realizar un acto conmemorativo o próximo 26 de abril no Salón de Actos do Centro.
Santiago de Compostela
Presentará o acto o Decano da Facultade de Relacións Laborais, don Jesús F. Salgado Velo, e contará coa intervención do Catedrático de Psicoloxía Organizacional da Universidade Rey Juan Carlos, don Carlos María Alcover de la Hera, que impartirá unha conferencia titulada: “Redefinición da xubilación: o emprego ponte como evolución da cultura do “pro-retiro” ao “pro-traballo”.
Durante o mesmo farase entrega ao alumnado gañador de cada un dos premios "Profesor Javier Marañón", "Elisabeth Suárez" e "Profesor Joaquín Vidal Portabales". Así tamén se levará a cabo a entrega da I Edición dos "Premios á Excelencia Académica do Profesorado da Facultade de Relacións Laborais".