Dispoñible en proba a plataforma de libros electrónicos Academic Complete
Novo recurso electrónico Academic Complete
Este novo recurso permite acceder a máis de 225.000 títulos en castelán e inglés de temática multidisciplinar cuxa selección atende a criterios de calidade científica e académica
A BUSC conta cunha nova plataforma de libros electrónicos dispoñible en proba, Academic Complete, que dá acceso a máis de 225.000 libros de contido académico de prestixiosas editoriais. Este recurso permite o acceso a texto completo a obras en castelán e inglés de temática multidisciplinar procedentes de provedores de renome e editoriais de prestixio.
Esta colección abarca materias como: Arte, Educación, Historia, Medicina e Saúde, Lingüística e Literatura, Filosofía, Ciencias Sociais...