A USC adhírese á Rede Española de Universidades Promotoras da Saúde
A Universidade de Santiago de Compostela acaba de adherirse á Rede Española de Universidades Promotoras da Saúde (REUPS), cun obxectivo compartido como é reforzar o papel das universidades como contornas promotoras da saúde e o benestar tanto do seus estudantado, como do seu persoal e da sociedade, liderando e apoiando procesos de cambio social.
A USC designou como o seu representante na REUPS a Francisco Caamaño Isorna, catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública e director da Cátedra de Vida Saudable financiada pola Dirección de Saúde Pública dependente da Consellaría de Sanidade.
A REUPS está composta actualmente por 59 universidades, o Ministerio de Sanidade, o Ministerio de Educación e Formación Profesional, a Conferencia de reitores (CRUE) e nove estruturas de saúde pública das comunidades autónomas. Esta rede traballa para instaurar o Movemento de Universidades Promotoras de Saúde dando forma a unha alianza entre institucións universitarias que pretenden mellorar as condicións para a saúde, a calidade de vida e o benestar de todos os membros da comunidade universitaria.